Convido a cada cristián, en calquera lugar e situación en que se atope, a renovar agora mesmo o seu encontro persoal con Xesucristo ou, polo menos, a tomar a decisión de deixarse atopar por El, de tentalo cada día sen descanso. Non hai razón para que alguén pense que esta invitación non é para el, porque «ninguén queda excluído da alegría reportada polo Señor»[1]. Ao que arrisca, o Señor non o defrauda, e cando alguén dá un pequeno paso cara Xesús, descobre que El xa esperaba a súa chegada cos brazos abertos. Este é o momento para dicirlle a Xesucristo: «Señor, deixeime enganar, de mil maneiras escapei do teu amor, pero aquí estou outra vez para renovar a miña alianza contigo. Necesítoche. Rescátame de novo, Señor, acéptame unha vez máis entre os teus brazos redentores». Fainos tanto ben volver a El cando nos perdemos! Insisto unha vez máis: Deus non se cansa nunca de perdoar, somos nós os que nos cansamos de acudir á súa misericordia.