As previsións non se cumplen. Outubro era o mes sinalado para comezar cos rebrotes de covid-19 e o virus adiantouse dous meses, aumentando a súa presencia exponencialmente en agosto. Non nos axuda demasiado a división de criterios e de formas de enfrentarnos a esta situación inédita. Pode que non estuvésemos preparados, pero cos meses de experiencia que temos a estas alturas, cos mortos e contaxiados e co parón que supuxo o confinamento, non temos suficientes datos para deixar as diferencias a un lado e actuar nunha mesma dirección? Facer o que a cada un nos pete é o mellor abono para un virus que vai en aumento en pleno verán.
Camiñamos cara o outono e inverno, están a pique de rematar as vacacións e de comezar un novo curso. Unha nova etapa, un novo desafío. Quedan na memoria frases como que o virus parámolo entre todos, ou parámolo unidos. Este é o momento de crer o que decimos, de actuar con responsabilidade, de pensar nos demáis, no traballo e na educación e naqueles que o Covid-19 convirte en pura vulnerabilidade. Co esforzo de todos temos que restarlle protagonismo ao virus.
Ofrécesenos a oportunidade de renovar a nosa fe. A fe en nós mesmos, nos nenos, nos mozos, nos maiores, nos vellos, en todos. A cada un pídeselle según as súas posibilidades. Renovar a fe en que podemos deixar as actitudes egoístas e orgullosas, a fe en que xuntos podemos facerlle frente a esta pandemia. Os crentes tamén gozamos da oportunidade de renovar a fe en Xesús, que sempre acompaña, que mostra un amor sen condicións que cura e salva, que rexeita actitudes egoístas, que vive desde a compasión e que cre nas posibilidades de cada home e muller…
Que papel xoga a catequese na vida de fe e na vida da Igrexa? Que lugar ocupa na vida dunha parroquia?
A formación e educación na fe é vital para un cristián e para unha comunidade. A catequese é un proceso e non se pode reducir á preparación para recibir un sacramento; e menos a unha celebración especial que acaba nese mesmo día. Tamén é un erro pensar que só é importante para os máis novos. É un proceso que nos axuda a madurar a todos no coñecemento da persoa de Xesús e nos posibilita un verdadeiro encontro con El, que non se da sen unha fe madura e consciente.
A catequese é a que fai madurar a semente que recibimos en xerme no primeiro anuncio que se nos fai de Xesús. Desde ese momento sempre estamos abertos a un coñecemento máis profundo que nos leve a unha relación máis estreita con Deus. E nese itinerario é a comunidade a que nos acompaña cos seus catequistas, sacerdotes, e demáis membros, sen esquecer a importancia do acompañamento dos pais/nais e avós cando nos referimos á catequese dos máis novos.
Na parroquia de Santa Uxía de Riveira a catequese pódese dividir en dous grandes grupos:
- Catequese de Iniciación Cristián, durante a que se reciben os sacramentos do Bautismo, Confirmación, Eucaristía e Penitencia. (Dentro deste grupo buscamos a estreita colaboración dos pais/nais nun intento dunha Catequese Familiar que nos axude a enfrontarnos aos novos e difíciles desafíos que se nos presentan)
- Catequese de Adultos:
- Grupo Amigos de Xesús
- Preparación do Sacramento de Confirmación
- Catequese de Orientación ao matrimonio
Contamos cun grupo aproximado de 40 catequistas, que tratan (tratamos) de unir a formación sistemática coa expresión da fe na liturxia e na propia vida dos catequizandos, conscientes das dificultades e retos actuais. Unha catequese, por tanto, que ten coma fin o encontro co Deus do amor e da misericordia.
Cremos que é moi importante a formación e convivencia dos catequistas, co fin de pasar dunha pastoral de conservación e mantemento a unha pastoral misioneira, adaptándonos á linguaxe actual e buscando novos métodos que permitan transmitir o evanxeo, sen afectar á mensaxe orixinal dos mesmos.
Galería de imaxes de convivencias, de catequese, Godly Play, …
CARTEL DE SEMANA SANTA. Foto de Lesmesfotógrafos.
A coroa de espiñas remítenos á dureza da Pasión, ás decisións inhumanas da propia humanidade e ao amor absoluto de Deus.
Como di o Papa Francisco: “faranos ben mirar en silencio ao crucificado”. E aos crucificados e persoas que sufren polos nosos pecados de egoísmo, de sobervia ou de indiferecia.
A Semana Santa invita a mirar a Deus, porque é desde Deus desde onde podemos descubrir a nosa misión: amar a Deus con todo o corazón, con toda a alma e con todo o ser; e ao próximo como a un mesmo.
“Faranos ben mirar en silencio ao crucificado” (Papa Francisco)
SANTA UXÍA DE RIVEIRA
Praza Porta do Sol, 10
15960 RIVEIRA
CONTACTAR
Tlfno. 981871188
par.riveira@gmail.com
Igrexa aberta
Luns: 09.30h – 13.30h
Martes a Venres: 09.30h – 13.30h 18.00h – 20.30h
Sábados: 09.30h – 13.30h 18.00h – 21.00h
Domingos: 09.30h – 13.30h