Desde marzo de 2020 a Covid-19 condicionou moitas das actividades e mesmo a vida en xeral. No ámbito da catequese obrigounos a saír ao paso e a buscar a mellor resposta ante esta situación. E atopámola: catequese comeza na casa. Unha resposta a unha situación que nos valeu para recordar que os pais son os primeiros catequistas dos seus fillos e que tamén expresou a inquietude ou non dos pais e nais da catequese da parroquia de Riveira.
Neste novo curso 2021/2022, despois de familiarizarnos co virus e cas medidas para combatilo, damos un paso máis. A Delegación de Catequese da nosa diocese de Santiago propón un lema no que se suman esforzos e a vocación que comparten pais e catequistas: A Catequese comeza na casa e continúa na parroquia.
Os catequistas prepararon con gran detalle o primeiro día