ADVENTO E NADAL. LUZ DA PAZ DE BELÉN
O ano litúrxico comeza co tempo de Advento, xusto o domingo despois de celebrar a solemnidade de Cristo Rei. O Advento prepáranos para o gran acontecemento de Nadal, que só se descubre e vive desde a humildade e a fe. Na catequese e nas casas, nenos e nenas da Parroquia de Riveira confeccionaron a Coroa de Advento cas catro candeas que xuntos acendemos domingo tras domingo. Que importante é a catequese e vivencia da fe nas casas! Nos últimos domingos os catequistas cos nenos diseñaron unha postal personalizada que chegaron nas datas de Nadal ás casas de seus pais. Ás veces invertimos moito tempo en felicitar aos de fóra e esquecémonos dos que están cada día á nosa beira, aos máis queridos.
Un momento moi importante foi a acollida e distribución da Luz da Paz de Belén. O 12 de decembro chegou á Catedral de Santiago e o sábado 18 celebramos que chegaba á parroquia de Santa Uxía de Riveira. Despois da celebración da Eucaristía saímos ao exterior do templo para cantar xuntos unha panxoliña adaptada á parroquia. Con esta panxoliña e coas fotos dos nenos a parroquia felicitou o Nadal nas redes a través dun vídeo. Gracias aos catequistas, colaboradores e pais que fixeron posible un Nadal máis cercano, no medio da situación Covid.