BENDICIÓN DA CEA DE NADAL
Resoa con forza aquel “alégrate” do anxo a María. Xesús é o motivo daquela gran noticia que hoxe se fai realidade. Ao sentarnos xuntos a compartir a cea de nadal, damos gracias a Deus pola súa presencia e porque é a esperanza de pobres e humildes. Damos gracias por esta cea de Nadal, por poder estar xuntos, por cada un dos que a formamos e por todos os que non están.
Sentados á mesa recordamos tamén aos que non teñen unha familia con quen compartir este día, a todos os que non teñen unha cea de Nadal.
Que o Nadal nos toque o corazón e sexamos acolledores e atentos coma os pastores, alegres coma os anxos e Xesús nos atope sempre coa disponibilidade e o amor de María e de Xosé.
Bendí Xesús esta cea e esta familia. Da pan a todos os que teñen fame e fame de Ti a todos os que temos pan.