Comeza o curso pastoral e de catequese. O vindeiro día 13 de Outubro o Arcebispo celebra a Eucaristía de inicio des curso 2024-2025, que podemos seguir desde a TVG ás 10.00h. En comunión coa Diocese comezamos nós tamén a catequese e facémolo dunha maneira especial, tendo como lugar de encontro e centro deste comezo a igrexa da Nosa Señora do Carme de Aguiño.
As saídas son ás 11.15h:
Corrubedo e Artes sae de Ceip Heroínas de Sálvora.
http://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2023/11/construyendo-iglesia-positivo-533x388-1.jpg388533alfonsohttp://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2024/03/Logos-UPA1-2-1.pngalfonso2023-11-24 19:15:432023-11-24 19:15:44LA CONVERSIÓN PASTORALDE LA COMUNIDAD PARROQUIAL AL SERVICIO DELA MISIÓN EVANGELIZADORA DE LA IGLESIA
A vida de fe precisa de profundizar na Palaba de Deus e de todo o que se relaciona coa vida da Igrexa. Este curso non ten como meta recibir un título, senón de, xuntos, profundizar, deixarnos acompañar e alimentar o corazón e a mente para dar razón da nosa fe. Repítese moito actualmente a expresión “nova evanxelización”; e xa no sínodo de bispos do ano 2012 sobre a “Nova evanxelización para a transmisión da fe cristián” se fala da “capacidad de ler e descifrar os novos escenarios”. Este curso non pretende nada extraordinario, só facer un camiño xuntos que nos axude a medrar na vida de fe nunha sociedade e tempos concretos, sentíndonos protagonistas e instrumentos de Deus no aquí e agora da nosa historia.
Se desexas compartir este camiño podes inscribirte en:
http://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2023/10/Diseno-sin-titulo.png17282304alfonsohttp://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2024/03/Logos-UPA1-2-1.pngalfonso2023-10-25 17:50:112023-10-25 17:50:12Curso de formación básica
Cada ano hai máis persoas que se interesan pola catequese de adultos, nalgún caso porque desexan culminar a Iniciación cristiá e recibir o Sacramento da Confirmación, noutros pola sinxela razón de medrar na fe. A parroquia de Santa Uxía de Riveira conta no seu programa deste curso pastoral coa catequese de adultos. Convocamos a todas as persoas que o desexen a unha reunión o vindeiro sábado 28 ás 20.00h, no salón parroquial Santa Uxía, detrás da igrexa parroquial.
Se desexas participar pincha no seguinte link ou no cartel
Desde la Unidad Pastoral de Riveira, nos unimos a la jornada de ayuno y oración por la Paz y reconciliación en Tierra Santa. Es nuestra mejor opción de manifestar nuestro deseo de paz y nuestra solidaridad con los que sufren las consecuencias de las guerras: “el ayuno nos sirve para recordar el sufrimiento de miles de personas en Tierra Santa” y la oración es nuestra acción en este momento: “sentimos la necesidad de orar, de volver nuestro corazón a Dios Padre. Sólo así podremos sacar la fuerza y la serenidad para vivir este tiempo, dirigiéndonos a Él, en oración de intercesión, de súplica y también de clamor”.
Cartas del Patriarca Latino de Jerusalén, del Secretario General de la Conferencia Episcopal y del Vicario General de nuestra Diócesis de Santiago de Compostela:
Por esta razón, convocamos a todas las personas que lo deseen, al ayuno y a la oración. La oración comenzará a las 19.00h en la Iglesia Parroquial de Santa Uxía de Riveira, en la que tendremos la ADORACIÓN AL SANTÍSIMO, EL REZO DEL ROSARIO Y LA CELEBRACIÓN DE LA EUCARISTÍA, ofrecida por la Paz en Tierra Santa y en otros lugares de conflictos.
http://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2023/10/Historia-instagram-evento-animado-naranja-1.png19201080alfonsohttp://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2024/03/Logos-UPA1-2-1.pngalfonso2023-10-15 23:10:012023-10-15 23:11:22Jornada de ayuno y oración por la Paz y reconciliación en Tierra Santa
Aproveitamos os últimos días do verán e preparámonos para o comezo do Curso Académico e Pastoral 2023-2024. Nestas datas celebramos a festa de Santa Uxía, na que botamos unha mirada cara atrás e outra cara ao futuro, o novo curso, cos seus novos retos e desafíos. Unha festa na que estivemos presentes moitas das persoas e grupos que desenvolvemos a nosa actividade na parroquia e no pobo en que vivimos: Voluntariado de Cáritas, Voluntariado de acompañamento de persoas maiores, Asociación Alfaia, Asociación Amas de Casa, autoridades e representantes dos distintos sectores, ONG Mans Unidas, Catequistas e colaboradores parroquiais, … Alegrámonos especialmente da presenza das persoas maiores da Residencia de Maiores Domus´Vi e do acompañamento xeneroso do voluntariado. Un día no que a participación foi moi alta e no que o templo de Riveira quedou pequeno para acoller a todas as persoas que se achegaron á celebración.
Este ano tivemos a sorte de que presidise a celebración Monseñor Francisco José Prieto Fernández, que visita a parroquia por primeira vez desde o seu nomeamento como Arcebispo da nosa Diocese de Santiago de Compostela, hai pouco máis de tres meses. Agradecemos a súa dispoñibilidade e que quixese participar connosco nesta xornada.
Somos conscientes da situación que nestes días está vivindo Marruecos, despois do terremoto sufrido o venres pasado. E do horror que vive Libia desde o domingo, despois do paso do furacán Daniel, que según as cifras que nos dan os medios, deixa xa máis de 20.000 mortos e 10.000 desaparecidos. A fe en Deus lévanos a mirar máis aló de nós mesmos, e a comprometernos coa situación dos demais. Por iso, a ofrenda deste día tivo como destino a Cáritas-Marruecos, cunha colecta de algo máis de 700 euros, que Cáritas Parroquial de Ribeira decide completar ata 2.000 €, como unha aportación inicial.
Despois da celebración da Eucaristía saímos en procesión polas rúas de Ribeira. Ao chegar recibimos a bendición final no atrio da Igrexa. Despois da celebración litúrxica e procesión houbo un momento tamén importante: un “picoteo” (empanada, mexillóns de Aguiño, unha bebida, …) para todas as persoas que participaron e un tempo para estar xuntos antes de irnos ás nosas casas.
Como párroco sinto a necesidade de agradecer o traballo e a participación activa de catequistas, do coro parroquial e dos nenos, das persoas que colaboran na liturxia e no coidado do templo, que non só o fan para esta festa , senón ao longo de todo o ano. E o mesmo en relación á colaboración e xenerosidade das Asociacións Amas de Casa e Alfaia. Esta festa axúdanos a comezar cada curso xuntos e a traballar por alcanzar os grandes valores que levaron a Santa Uxía a ser modelo de fe, de esperanza e caridade e a nosa patroa.
http://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2023/09/17.jpg20001500alfonsohttp://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2024/03/Logos-UPA1-2-1.pngalfonso2023-09-13 23:31:522023-09-14 09:29:33Festa de Santa Uxía 2023
DIA 7/11: RIVEIRA – LA CORUÑA – PRAGA Saída de Riveira ás 05.30 h. con destino a Coruña. Trámites de facturación, embarque e saída en voo ás 09.15 h. Chegada a Madrid ás 10.35 h. Saída cara a Praga ás 12.00 h. Chegada ás 15.00 h. recollida de equipaxes e visita panorámica da cidade, a Praza da cidade vella, a estatua do reformador Jan Huss, ajusticiado na fogueira; o Concello Antigo e o seu reloxo astronómico de 1.410. Cea e aloxamento.
DIA 8/11: PRAGA Visita do Castelo de Praga: a catedral de San Vito e as xoias da coroa de Bohemia; o Palacio Real Antigo, o Calexón do Ouro baixando pola Escalinata vella do castelo cara a Mala Strana. Pola tarde tempo libre para coñecer a cidade. Cea na cervexaría Ou Fleku, a máis antiga de Europa 1496. Aloxamento.
DIA 09/11: KARLOVY VARY Almorzo e saída cara a Karlovy Vary antiga cidade balneario checa. Percorreremos Grand Hotel Pupp, o Teatro Municipal e as diferentes columnatas…Xantar típico checo. Tempo libre e regreso a Praga. Cea e aloxamento.
DIA 10/11: VIENA Almorzo e saída cara a Viena. Chegada e xantar. Pola tarde visita panorámica da cidade percorrendo o Ring, Ópera estatal, Parlamento, Iglesia Votiva, o Concello, os Xardíns do Belvedere etc. Cea e aloxamento.
DIA 11/11: VIENA Almorzo e visita con guía local do Palacio de Schonbrunn e da ópera de Viena. Xantar, tarde libre. Cea e aloxamento.
DIA 12/11: VIENA – BUDAPEST Almorzo saída cara a Budapest. Chegada, xantar e visita panorámica da cidade: a Basílica – Catedral coa man dereita do rei San Esteban, fundador do estado húngaro; a Praza dos Heroes, a Igrexa de Matías, o soado bastión dos pescadores, con magníficas vistas do Parlamento e do Danubio, o Puente das cadeas etc. Cea e aloxamento.
DIA 13/11: BUDAPEST Almorzo e saída para visitar o Parlamento e Opéra de Budapest que rivaliza en beleza coa de Viena. Xantar e tarde libre. Traslado para asistir a unha cea típica húngara. A continuación daremos un paseo en barco polo Danubio. Aloxamento.
DIA 14/11: BUDAPEST – CORUÑA- RIVEIRA
Almorzo e sobre as 12.00 h traslado ao aeroporto para trámites de facturación e embarque en voo ás 15.35 h. Chegada a Madrid ás 18.50 h. Saída cara á Coruña ás 19.40 h. Chegada ás 21.00 h. Traslado a Riveira. Chegada e…
É a semana grande do cristiáns, na que celebramos o acontecemento fundante da nosa fe. Unha semana intensa na que temos que buscar esos espacios e tempos para achegarnos a vida de Xesús e coñecer a súa vida e entrega pola nosa salvación. A celebración do Tríduo Pascual, xunto cos sermóns, procesións, oracións, … Descarga o programa e participa coa túa comunidade cristián. Feliz Pascua!
A Hora Santa é un momento moi singular na celebración da Semana Santa. Cando a vida se complica todos desaparecen, incluso os máis amigos. Xesús ten sobrada experiencia. Temos necesidade de saír do montón, de todos os que fuxen e se arredan cando máis fan falta.
Participa no Vía Crucis que terá lugar na mañá do Venres Santo. Só tés que estar no Faro de Corrubedo ás 10.00h da mañá.
http://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2023/03/Cartel-para-Programa-scaled.jpg18102560alfonsohttp://uparibeira.gal/wp-content/uploads/2024/03/Logos-UPA1-2-1.pngalfonso2023-03-28 12:05:242023-03-30 13:04:25SEMANA SANTA 2023
Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos.El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
Marketing
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.