Señor, no silencio deste día que nace, veño pedirche paz, sabedoría e forza. Hoxe quero mirar o mundo con ollos cheos de amor; ser paciente, comprensivo, suave e bo. Ver detrás das aparencias aos teus fillos, como os ves Ti mesmo, para así poder apreciar a bondade de cada un. Pecha os meus oídos a toda murmuración, Garda a miña lingua de toda maledicencia. Que só os pensamentos que bendigan permanezan en min. Quero ser tan ben intencionado e xusto, que todos os que se acheguen a min, sintan a túa presenza. Revísteme da túa bondade, Señor, e fai que durante este día eu sexa reflexo de ti. Amén.
SANTA UXÍA DE RIVEIRA
Praza Porta do Sol, 10
15960 RIVEIRA
CONTACTAR
Tlfno. 981871188
par.riveira@gmail.com
Igrexa aberta
Luns: 09.30h – 13.30h
Martes a Venres: 09.30h – 13.30h 18.00h – 20.30h
Sábados: 09.30h – 13.30h 18.00h – 21.00h
Domingos: 09.30h – 13.30h