CURSO CATEQUESE 2020/2021
As previsións non se cumplen. Outubro era o mes sinalado para comezar cos rebrotes de covid-19 e o virus adiantouse dous meses, aumentando a súa presencia exponencialmente en agosto. Non nos axuda demasiado a división de criterios e de formas de enfrentarnos a esta situación inédita. Pode que non estuvésemos preparados, pero cos meses de experiencia que temos a estas alturas, cos mortos e contaxiados e co parón que supuxo o confinamento, non temos suficientes datos para deixar as diferencias a un lado e actuar nunha mesma dirección? Facer o que a cada un nos pete é o mellor abono para un virus que vai en aumento en pleno verán.
Camiñamos cara o outono e inverno, están a pique de rematar as vacacións e de comezar un novo curso. Unha nova etapa, un novo desafío. Quedan na memoria frases como que o virus parámolo entre todos, ou parámolo unidos. Este é o momento de crer o que decimos, de actuar con responsabilidade, de pensar nos demáis, no traballo e na educación e naqueles que o Covid-19 convirte en pura vulnerabilidade. Co esforzo de todos temos que restarlle protagonismo ao virus.
Ofrécesenos a oportunidade de renovar a nosa fe. A fe en nós mesmos, nos nenos, nos mozos, nos maiores, nos vellos, en todos. A cada un pídeselle según as súas posibilidades. Renovar a fe en que podemos deixar as actitudes egoístas e orgullosas, a fe en que xuntos podemos facerlle frente a esta pandemia. Os crentes tamén gozamos da oportunidade de renovar a fe en Xesús, que sempre acompaña, que mostra un amor sen condicións que cura e salva, que rexeita actitudes egoístas, que vive desde a compasión e que cre nas posibilidades de cada home e muller…