QUE TEMOS QUE FACER PARA CASARNOS NA IGREXA?

O primeiro que debemos facer para casarnos é saber que é o que facemos. Coñecer o alcance da nosa decisión e saber cal é o compromiso que adquirimos.

  • Casar é establecer unha comunidade íntima de vida e amor conxugal. É un compromiso de toda a vida, entendendo que «toda a vida» refírese non soamente ao tempo de duración do compromiso, que é para sempre, senón que se refire tamén ao obxecto mesmo do compromiso, é a nosa vida o que entregamos.
  • Necesitamos saber quen son eu e quen é a persoa coa que vou compartir a miña vida. Temos que saber con quen caso. Temos que coñecernos mutuamente.
  • Despois debemos coñecer se estamos dispostos a dar e compartir a nosa vida.
  • De todo o anterior despréndese que para casar necesítase madurez. Soamente as persoas maduras, que son donas dos seus actos, poden dar un consentimento irrevogable.

Para os bautizados esta «íntima comunidade de vida e de amor» foi elevada á máis alta dignidade, xa que se conta entre os  sacramentos da nova alianza. Os cónxuxes cristiáns polo  sacramento do matrimonio son expresión visible do misterio de unidade e de amor fecundo entre Cristo e a súa Igrexa e participan dese misterio. Así pois, os cónxuxes santifícanse vivindo o seu matrimonio e aceptando e educando aos fillos.

De aquí a necesidade da fe para casar na Igrexa. É necesario crer no misterio de Deus feito home en Xesús de  Nazaret, morto e resucitado para darnos a vida eterna. E é necesaria a fe na Igrexa, que é o pobo de Deus. Fe na comunidade que forman Xesús resucitado e os bautizados.

O segundo debe ser prepararnos para a celebración deste  sacramento.

Casarnos é unha decisión importante na nosa vida e as grandes decisións non se improvisan, prepáranse.

Requírese un tempo suficiente para a debida preparación do Matrimonio.

Esta preparación debe comprender:

Os elementos fundamentais da doutrina cristiá.

O significado cristián do Matrimonio e da familia. O  Sacramento, a súa celebración e o significado dos ritos,  preces e lecturas.

A preparación debe contemplar tamén aqueles temas de índole antropolóxica e psicolóxica que axuden aos noivos a un mellor coñecemento da súa persoa, do amor e das súas expresións, do significado do compromiso matrimonial e da madurez necesaria para adquirilo.

 Se xa tedes decidido que ides casarnos debedes acudir á vosa parroquia con tempo suficiente (POLO MENOS SEIS MESES ANTES) para poder preparar todo o necesario para a voda. Tede a delicadeza de consultar en primeiro lugar co voso párroco a data elixida para a voda. Sería molesto e  penoso que concretásedes data co restaurante, axencia de viaxes, etc. e logo non fose posible celebrar a voda nesa data por parte da parroquia.

Na entrevista de acollida o voso párroco axudaravos en todo o necesario para a celebración da vosa voda. Principalmente axudaravos na vosa preparación como cristiáns para recibir o  sacramento e despois indicaravos os requisitos necesarios para contraer matrimonio cristián válido.

En relación ás Catequeses  Prematrimoniales (cursos  prematrimoniais) é importante coñecer as datas nas que se celebran con suficiente tempo, para que teñades as maiores opcións e poidades organizarvos e preparar a vosa voda.

Onde debe celebrarse o  sacramento do matrimonio?

Debe celebrase na parroquia onde un ou outro dos contraentes ten o seu domicilio. Para celebralo noutro lugar requírese licenza do propio Ordinario ou do párroco.

Como vedes non falamos para nada do traxe ou do vestido de voda, das viaxes, dos invitados, do restaurante, dos gastos, etc. Centrámonos no principal, no que verdadeiramente merece a pena ter en conta para casar.

Os demais detalles tamén son importantes e debedes coidalos con tempo para non estar angustiados os días anteriores á celebración, pero tede coidado de que non vos impidan centrarvos no fundamental: o voso amor e o voso compromiso irrevogable de amarvos para sempre.

(Da páxina da Diocese www.pastoralfamiliar.es)