Despacho

Sempre que o necesites podes achegarte ao despacho. Normalmente hai unha persoa voluntaria que asume a secretaría da parroquia e que todos coñecemos, Tucho. A el podes levarlle a aplicación da misa, solicitar un certificado, … Para temas máis relacionados coa vida de fe e coa pastoral podes procurar un encontro co párroco.

Certificados

É importante saber para que se solicita un certificado e a quen e onde se vai presentar. Dous exemplos: todos os certificados que se levan fora da nosa diocese de Santiago necesitan a firma da Vicaría Xeral ou da Cancillería do Obispado; non é o mesmo un certificado para a celebración dun sacramento que os datos que se solicitan para unha árbore xenealóxica. En todos os casos é necesario que, calquera persoa que faga unha solicitude, sexa o propio interesado ou outra persoa que teña un permiso firmado ou poder de quen se require información.

Libros Parroquiais

No ano 1977 dispúxose que se fosen concentrando no Arquivo Histórico Diocesano os arquivos parroquiais cos libros e documentos anteriores ao ano 1.900. A parroquia de Santa Uxía de Riveira só conta co arquivo parroquial a partir de 1900. Para calquera consulta anterior a esta data é necesario poñerse en contacto co Arquivo Histórico Diocesano da Archidiocese de Santiago de Compostela.

  • Celebrar o sacramento da Penitencia

  • Acompañamento espiritual

  • Encontro co párroco para a colaboración no programa pastoral