O Domund é o día en que, dun modo especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora coas misións. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de outubro, o “mes das misións”.

Porque e necesario o Domund?

  1. Para explicar o labor evanxelizador que a Igrexa realiza nos territorios de misión.
  2. Para dar a coñecer a vida das comunidades que constitúen as Igrexas novas.
  3. Para fomentar as vocacións misioneiras, así como a formación e a oración de todo o pobo de Deus.
  4. Para buscar a axuda económica que permita soster ás Igrexas máis pobres.
  5. Para dar a coñecer as Obras Misionais Pontificias como instrumento do Papa para a misión.