Escola Diocesana de Axentes de Pastoral, cun Plan de Formación: “itinerario diocesano de discípulos misioneiros”.

Iniciativa xurdida tras a inquietude manifestada pola maioría dos grupos de reflexión sinodal, da necesidade de coordinar todas as ricas e plurais experiencias formativas existentes na Igrexa local de Santiago de Compostela, así como da necesidade de ir capacitando aos laicos que van colaborar máis estreitamente cos pastores nas futuras unidades pastorais.

Comezaron preto de cen persoas do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo. Como en todo demais o Covid parou esta iniciativa, que se retomará máis adiante, con este ou un novo formato.