Godly Play é un enfoque creativo e imaxinativo para potenciar a educación cristiá e a formación espiritual das persoas de todas as idades. Pode ser utilizado nunha variedade de contextos, tales como igrexas, escolas, hospitais, residencias de anciáns, etc.
Godly Play baséase en formulacións ben establecidas e de probada eficacia. Usa símbolos e obxectos, ademais de palabras.
Godly Play valora os procesos e favorece a apertura e o descubrimento persoal de significados. Convida aos participantes a interactuar coas historias, relacionándoas coa súa experiencia e circunstancias.
A práctica de Godly Play é unha forma non coercitiva de animar aos nenos para entrar en maiores dimensións da fe, a través de preguntas que fomentan a reflexión persoal e un tempo de resposta aberta. É unha maneira de preparar aos nenos para participar no culto e a vida das súas congregacións a medida que desenvolven unha comprensión cada vez máis profunda das narracións sagradas, os símbolos e os ritos comunitarios.
Aínda que foi desenvolto orixinalmente como un recurso para a formación espiritual dos nenos, na actualidade Godly Play está a utilizarse con persoas de todas as idades e nunha diversidade de contextos.
Jerome W. Berryman
Fundador de Godly Play
«En Godly Play, a invitación non é a xogar en xeral senón a xogar coa linguaxe de Deus e do seu pobo, é dicir coas nosas historias sagradas, parábolas, accións litúrxicas e silencios. A través desta linguaxe potente, a través da nosa práctica reflexiva, a través da comunidade de persoas que se reúne a xogar, escoitamos a máis profunda de todas as invitacións: unha invitación para saír a xogar con Deus.»