Templo parroquial de Riveira
A oración é “un trato de amizade”, na que aprendemos a mirarnos como nos mira Deus, na que aprendemos a amarnos como nos ama Deus e a amar como El.
A oración é “un trato de amizade”, na que aprendemos a mirarnos como nos mira Deus, na que aprendemos a amarnos como nos ama Deus e a amar como El.
Oración persoal, meditación, liturxia das horas,…
Atrévete á oración e á meditación. Non lle teñas medo ao silencio e ao encontro con Deus e contigo mesmo. A oración é lugar para o descanso, para a paz, para coller forzas e empezar de novo. O encontro con Deus renova, transforma e dá un novo impulso á vida.
De ti ten sede a miña alma…
Deus, meu Deus, por ti madrugo,
de ti ten sede a miña alma;
por ti devece o meu corpo,
en terra reseca, sedento e sen auga.
A sede de Deus acompaña a todos e cada un dos seres humanos durante a súa existencia. Así expresa san Agustín esta experiencia universal: «Fixéchesnos, Señor, para ti, e o noso corazón está inquieto ata que descanse en ti».
Fundamentamos a nosa acción na acollida e acompañamento ás persoas vulnerables e excluídas.
Promovemos o empoderamento das persoas para que defendan os seus dereitos humanos nos tres ámbitos do desenvolvemento integral: necesidades básicas, sentido da vida e participación social.
Acollida e atención primaria
Luns de 17.00 a 19.30h
Roupeiro solidario
Xoves de 17.00 a 19.00h
Banco de Alimentos
Venres de 09.30 a 11.30h
ONG de desenvolvemento da Igrexa católica e de voluntarios.
Traballamos para apoiar aos pobos do Sur no seu desenvolvemento e na sensibilización da poboación española.
Loitamos contra a fame, a deficiente nutrición, a miseria, a enfermidade, o subdesarrollo e a falta de educación.