A Iniciación Cristiá é un camiño catequético, litúrxico, espiritual e vital, un itinerario de conversión e crecemento na fe, que introduce no misterio de Cristo e no misterio da Igrexa.


Esta inserción no misterio de Cristo e da Igrexa consta principalmente de dous elementos: a catequese e as celebracións litúrxico- sacramentais.


O Catecismo da Igrexa católica afirma: a Iniciación Cristiá, como «participación na natureza divina», «realízase mediante o conxunto dos tres sacramentos: o Bautismo, que é o comezo da vida nova; a Confirmación, que é o seu afianzamento; e a Eucaristía, que alimenta ao discípulo co Corpo e o Sangue de Cristo para ser transformado en el».

A catequese forma parte e é unha das formas da evanxelización. É un proceso, un itinerario no que a fe inicial medra a nivel de coñecemento e de vida. A súa fonte é a Palabra de Deus, o evanxeo, que se transmite e vive na comunidade cristiá, especialmente na Eucaristía de cada domingo. Cando a Iniciación Cristiá se refire á infancia e á adolescencia é de vital importancia o acompañamento dos pais e da familia, os seus primeiros catequistas.