A parroquia de Santa Uxía de Riveira forma parte:
- Do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo
- Da Vicaría da Santiago
- Da Diocese de Santiago de Compostela.
- Do Concello de Riveira
- Da Provincia da Coruña
- …
Somos a parroquia con máis habitantes do Concello e da comarca (ao redor de 16.000 hab.), constituida, especialmente por razón do traballo vinculado ao mar, por moi diversas nacionalidades de dentro e de fora do país e do continente.
A parroquia de Santa Uxía quere ser “casa entre as casas”, como a denominaba San Juan Pablo II. Unha parroquia inclusiva, evanxelizadora e atenta aos pobres. A acollida, atención e caridade son actitudes que procuramos vivir. A catequese e pastoral son unha prioridade, ainda que nos atopemos sempre con serias dificultades.
Somos conscientes de que hai moito camiño que andar, que a igrexa-parroquia nunca termina de construirse e da necesidade da conversión pastoral que temos que vivir como parroquia, para “«buscar novos camiños», «buscar o camiño para que o evanxeo sexa anunciado»” a todas as persoas.
A Palabra e a Eucaristía son fonte e centro da vida parroquial, e impulso misioneiro para anunciar a alegría do evanxeo máis alá dos muros das propias estructuras nas que nos movemos. Seguimos recoñecendo que hai moito camiño que percorrer, pero imos dando pasos importantes.
![](https://parroquiadesantauxiaderiveira.gal/wp-content/uploads/2021/03/Luz-de-Belen-1.jpg)
Como todas as demais, queremos que a nosa parroquia sexa “un faro que irradia a luz da fe e así responde aos desexos máis profundos e verdadeiros do corazón do home, dando significado e esperanza á vida das persoas e das familias”. (Benedicto XVI)
Damos gracias a Deus por todas as persoas que participan activamente: catequistas, persoas que coidan da limpeza e organización dos templos, voluntarios de Cáritas e Mans Unidas, coros parroquiais, persoal de oficina, sacristáns, pais e nais que colaboran esporádicamente en celebracións ou actividades que se organizan puntualmente,…
———————-
Xunto co párroco construimos a parroquia de Santa Uxía de Riveira, de todos e para todos.