Máis de 60 anos loitando por un mundo máis xusto
Acabar coa fame é posible
Mans Unidas, inspirándose no Evanxeo e na Doutrina Social da Igrexa, promove dúas liñas de traballo:
– Sensibilización
Dar a coñecer e denunciar a existencia da fame e da pobreza, as súas causas e as súas posibles solucións.
– Cooperación ao desenvolvemento
Reunir medios económicos para financiar os programas, plans e proxectos de desenvolvemento integral dirixidos a atender estas necesidades.