Domingo
« O domingo é o día da resurrección; é o día dos cristiáns; é o noso día »

San Xerome

Necesitamos descubrir de novo o domingo. “O día do descanso é tal ante todo porque é o día « bendicido » e « santificado » por Deus, ou sexa, separado dos outros días para ser, entre todos, o « día do Señor » “. (Carta apostólica Dies Domini 14)

Día do Señor

Un día especial da semana

Un día distinto aos demáis, de descanso e de celebración. É o día do Señor, o día da Resurrección de Cristo.

« Este é o día en que actuou o Señor: sexa a nosa alegría e o noso gozo » (Sal 118 [117],24). Esta invitación ao gozo, propio da liturxia de Pascua, mostra o asombro que experimentaron as mulleres que asistiran á crucifixión de Cristo cando, indo ao sepulcro « moi cedo, o primeiro día despois do sábado » ( Mc 16,2), atopárono baleiro. É unha invitación para revivir, dalgunha maneira, a experiencia dos dous discípulos de Emaús, que sentían « arder o seu corazón » mentres se lles achegou o Resucitado e camiñaba con eles, explicando as Escrituras e revelándose « ao partir o pan » (cf. Lc 24,32.35). É o eco do gozo, primeiro titubeante e despois arrebatador, que os Apóstolos experimentaron a tarde daquel mesmo día, cando foron visitados por Xesús resucitado e recibiron o don da súa paz e do seu Espírito (cf. Jn 20,19-23). (Carta Apostólica Carta apostólica Dies Domini 1)

O ritmo semanal convida a lembrar con compracencia os acontecementos dos días transcorridos recentemente, para comprendelos á luz de Deus e darlle grazas polos seus innumerables dons, glorificándoo « por Cristo, con el e nel, […] na unidade do Espírito Santo »

O domingo …

é o día da Igrexa. Que nos distingue? A nosa fe e esperanza en Cristo Resucitado que celebramos cada domingo, xuntos, espresando a identidade da mesma Igrexa que nace da Resurrección.

Entradas del blog
Portfolio
Páginas
Categorías
Mensual