A tenrura, a caridade, a sabedoría ou o rexeitamento da cultura do descarte… entre as insistencias do Papa Francisco.
O Papa Francisco convida a “personalizar o modo de achegarse ao enfermo, engadindo ao ‘curar’ o ‘coidar’, para unha recuperación humana integral”.
Na parroquia de Santa Uxía de Riveira queremos estar preto dos máis vulnerables, das persoas maiores e dos enfermos.
Contacta coa parroquia para a visita á casa, para recibir os sacramentos da Penitencia, da Eucaristía ou da Unción de Enfermos. O Covid parou o proxecto parroquial dun programa de visitas e de acompañamento a persoas maiores e enfermos, que pronto (D.M.) retomaremos. Nese mesmo proxecto búscase a sensibilización nos máis novos, para que xuntos alcancemos unha verdadeira integración e ninguén se sinta descartado.