Unha comunidade parroquial misioneira
A evanxelización cumpre tres tarefas ao servizo do Reino de Deus: anunciar a Xesucristo único Salvador; formar e axudar a madurar comunidades cristiás; e realizar unha auténtica promoción humana coa vivencia dos valores evangélicos (cf. RM 30).
Dentro destas tarefas evanxelizadoras, a pastoral misioneira anima e forma o espírito misioneiro universal dos cristiáns para que realicen eficientemente a súa misión local e universal. Seguramente por iso, lémbrase a cada Igrexa particular que a animación, formación, comuñón e cooperación misioneiras ( pastoral misioneira) han de ocupar o posto central dentro da pastoral diocesana (cf. RM 83). Así mesmo, deberá ser prioritario para cada persoa e para cada comunidade local.