VOCACIÓN AO SACERDOCIO.

A parroquia de Riveira ten a sorte de ter contacto directo con seminaristas da nosa diocese e está atenta ás inquietudes de quen se plantexa a súa vocación a este ministerio.

O Papa Francisco na súa Exhortación Apostólica sobre a Pastoral Xuvenil pregúntase como discernir a vocación, e responde dicindo: “É unha tarefa que require espazos de soidade e silencio, porque se trata dunha decisión moi persoal que outros non poden tomar por un…”. (Christus vivit, n. 283)


VOCACIÓN AO MATRIMONIO

A vocación orixinaria ao amor que ten todo home concrétase en distintas formas: vocación ao sacerdocio ou á vida consagrada e ao matrimonio. No noso caso a vocación á que Deus nos chama é ao matrimonio. E no matrimonio vívese unha forma especial de amor: o amor conxugal. Este amor baséase nun acto libre de doazón de si, no que eu me entrego completamente ao outro. Esta doazón compréndese como unha promesa dunha comuñón perfecta. É unha doazón en totalidade, xa que se comparte a vida, toda a vida, a vida como totalidade de sentido.