Nun dos puntos máis altos da parroquia érguese a ermida de San Alberte. Só ten culto o día da festa, despois da Pascua, o luns que segue ao domingo da Divina Misericordia. Desde a ermida pódese disfrutar dunhas espectaculares vistas da Ría de Arousa. O covid afectou á celebración destes dous últimos anos. Cando a situación volva á normalidade queremos como mínimo repetir o programa de San Alberte 2019: saír en peregrinación desde o templo parroquial, celebrar misa, participar na tradicional poxa de galos, recoller a terra bendecida para esparcir polos nosos terreos, escoitar e levar á casa as rosquillas da festa.
SANTA UXÍA DE RIVEIRA
Praza Porta do Sol, 10
15960 RIVEIRA
CONTACTAR
Tlfno. 981871188
par.riveira@gmail.com
Igrexa aberta
Luns: 09.30h – 13.30h
Martes a Venres: 09.30h – 13.30h 18.00h – 20.30h
Sábados: 09.30h – 13.30h 18.00h – 21.00h
Domingos: 09.30h – 13.30h