O 11 de agosto celebramos a festa de Santa Clara en Deán, nun templo de recente construcción, no que cada vez hai máis participación. É un día no que somos moitos os que nos xuntamos e no que antes das restriccións do Covid compartimos misa e mesa. Ao ser no mes de agosto tamén se achegan moitas persoas que están de vacacións. Un verdadeiro día de festa.