SANTA UXÍA
Festas patronais.
Antes que unha estrutura, un territorio, un templo, unha
organización, a parroquia é “unha comunidade de fieis…”
A parroquia é unha comunidade eclesial. Temos que traballar por unha verdadeira comunión.
A parroquia é unha comunidade crente, froito do encontro con Xesús.
A parroquia é unha comunidade celebrante e orante.
A parroquia é unha comunidade comprometida. Por ser unha comunidade que vive a caridade, ha de priorizar a súa atención aos pobres e aos enfermos.
A parroquia é unha comunidade corresponsable. Todos os bautizados somos corresponsables na marcha da Igrexa e no cumprimento da súa misión pastoral
A parroquia é unha comunidade misioneira. A Igrexa “existe para evanxelizar”. A parroquia o mesmo.
Día 12 de setembro, festa de Santa Uxía, patroa de Riveira. A celebración desta festa é un día que nos identifica a todos, un día para deternos e celebrar en familia: eso é unha parroquia. Un día para dar gracias a Deus por todo o compartido ata o momento e para mirar ao futuro, sempre á luz do evanxeo. Tamén unha xornada na que facemos un exame de conciencia a nivel persoal e colectivo para que o futuro nos axude a medrar, especialmente no amor a Deus e ás persoas que nos rodean, nosos irmáns. E buscar nos modelos que nos propón a Igrexa, no noso caso Santa Uxía, os valores cristiáns de fidelidade, esperanza, amor, oración,…