Listado de la etiqueta: Catequesis

A Luz da Paz chegará ás nosas mans desde a cova do nacemento de Xesús en Belén. E é, que é alí, naquela pequena cova, naquel cortello, onde se iniciou o maior cambio da humanidade. Un cambio que ten a súa orixe no amor de Deus que se transmite a través de Xesús e que nos convida a todos a vivir con amor sempre renovado cos nosos irmáns e irmás, porque en Xesús créase unha fraternidade universal. Somos luz, somos cambio é o lema elixido para este ano 2024, para facer do noso fogar, do noso mundo, un lugar máis solidario, pacífico e igualitario.

Xuntos, iluminemos todas parroquias do COncello de Ribeira e o mundo coa luz da Paz. ✌🏿🏳️