EXCURSIÓN PARROQUIAL. PRAGA-VIENA-BUDAPEST
Unha idea aproximada da excursión:
DIA 7/11: RIVEIRA – LA CORUÑA – PRAGA
Saída de Riveira ás 05.30 h. con destino a Coruña. Trámites de facturación, embarque e saída en voo ás 09.15 h. Chegada a Madrid ás 10.35 h. Saída cara a Praga ás 12.00 h. Chegada ás 15.00 h. recollida de equipaxes e visita panorámica da cidade, a Praza da cidade vella, a estatua do reformador Jan Huss, ajusticiado na fogueira; o Concello Antigo e o seu reloxo astronómico de 1.410. Cea e aloxamento.
DIA 8/11: PRAGA
Visita do Castelo de Praga: a catedral de San Vito e as xoias da coroa de Bohemia; o Palacio Real Antigo, o Calexón do Ouro baixando pola Escalinata vella do castelo cara a Mala Strana. Pola tarde tempo libre para coñecer a cidade. Cea na cervexaría Ou Fleku, a máis antiga de Europa 1496. Aloxamento.
DIA 09/11: KARLOVY VARY
Almorzo e saída cara a Karlovy Vary antiga cidade balneario checa. Percorreremos Grand Hotel Pupp, o Teatro Municipal e as diferentes columnatas…Xantar típico checo. Tempo libre e regreso a Praga. Cea e aloxamento.
DIA 10/11: VIENA
Almorzo e saída cara a Viena. Chegada e xantar. Pola tarde visita panorámica da cidade percorrendo o Ring, Ópera estatal, Parlamento, Iglesia Votiva, o Concello, os Xardíns do Belvedere etc. Cea e aloxamento.
DIA 11/11: VIENA
Almorzo e visita con guía local do Palacio de Schonbrunn e da ópera de Viena. Xantar, tarde libre. Cea e aloxamento.
DIA 12/11: VIENA – BUDAPEST
Almorzo saída cara a Budapest. Chegada, xantar e visita panorámica da cidade: a Basílica – Catedral coa man dereita do rei San Esteban, fundador do estado húngaro; a Praza dos Heroes, a Igrexa de Matías, o soado bastión dos pescadores, con magníficas vistas do Parlamento e do Danubio, o Puente das cadeas etc. Cea e aloxamento.
DIA 13/11: BUDAPEST
Almorzo e saída para visitar o Parlamento e Opéra de Budapest que rivaliza en beleza coa de Viena. Xantar e tarde libre. Traslado para asistir a unha cea típica húngara. A continuación daremos un paseo en barco polo Danubio. Aloxamento.
DIA 14/11: BUDAPEST – CORUÑA- RIVEIRA
Almorzo e sobre as 12.00 h traslado ao aeroporto para trámites de facturación e embarque en voo ás 15.35 h. Chegada a Madrid ás 18.50 h. Saída cara á Coruña ás 19.40 h. Chegada ás 21.00 h. Traslado a Riveira. Chegada e…