O segundo domingo de outubro hai festa en Deán, e concretamente en Deán pequeno: a Virxe dos Remedios. Unha capela que ata datas moi recentes era lugar de visita a diario para rezar, entre outras oracións, o rosario. O propio día da festa énchese a capela de romeiros, celebrando nos derradeiros anos a Eucaristía no exterior da capela.