Precisamos de:
– Abrir o corazón ás persoas, deixar ao carón as resistencias que nos atan á seguridade do que sabemos facer e controlamos, e deixar espazo á creatividade e á novidade que outras persoas poden achegar e que non esperamos.
– Cambiar de mentalidade, de pensamento, en relación coa nosa forma de dar, para acoller o reto de compartir e participar.
– Optar por un estilo de vida máis sinxelo e austero, onde o non acumular para asegurarnos a vida fainos menos dependentes do material e máis libres para crer e confiar na proposta evanxélica das Benaventuranzas.
– Abrirnos á graza de Deus. Nós sós non podemos cambiar, é o Espírito o que transforma o noso corazón, a nosa mente e a nosa acción, e sérvese da comunidade para cambiarnos e mellorarnos como persoas a través do amor que sementa en cada unha.