,

Comeza a catequese

Desde marzo de 2020 a Covid-19 condicionou moitas das actividades e mesmo a vida en xeral. No ámbito da catequese obrigounos a saír ao paso e a buscar a mellor resposta ante esta situación. E atopámola: catequese comeza na casa. Unha resposta…

Semana Santa na prensa

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodebarbanza/inaugurada-en-ribeira-a-mostra-de-fotos-sobre-a-semana-santa-local-HB6982328

Cáritas Parroquial de Riveira

Axúdanos a estar onde máis nos necesitan.

Fundamentamos a nosa acción na acollida e acompañamento ás persoas vulnerables e excluídas. Promovemos o empoderamento das persoas para que defendan os seus dereitos humanos nos tres ámbitos do desenvolvemento integral: necesidades básicas, sentido da vida e participación social.

Manos Unidas

Mans Unidas, a ONG de desenvolvemento da Igrexa católica e de voluntarios.

Traballamos para apoiar aos pobos do Sur no seu desenvolvemento e na sensibilización da poboación española.

O noso Arcebispo

Francisco José Prieto Fernández

Queridos catequistas: Antes que calquera outra reflexión que vos poida compartir, permitídeme que vos agradeza a vosa entrega, xenerosidade e fidelidade na vocación e misión que levades a cabo como catequistas, sendo discípulos e testemuñas ao servizo da transmisión da fe e da tarefa de iniciar na vida cristiá (cf. DC 112): “Este ministerio introduce na fe e, xunto co ministerio litúrxico, procrea aos fillos de Deus no seo da Igrexa” (DC 110). A Igrexa en Santiago confíavos a misión de ser testemuñas, mestres e acompañantes dos vosos irmáns no seu camiño de crecemento na fe, sen esquecer que “o verdadeiro protagonista de toda auténtica catequese é o Espírito Santo que, a través da profunda unión que o catequista mantén con Xesucristo, fai eficaces os esforzos humanos na actividade catequística” (DC 112).

Evangelii Gaudium

Papa Francisco

Convido a cada cristián, en calquera lugar e situación en que se atope, a renovar agora mesmo o seu encontro persoal con Xesucristo ou, polo menos, a tomar a decisión de deixarse atopar por El, de tentalo cada día sen descanso. Non hai razón para que alguén pense que esta invitación non é para el, porque «ninguén queda excluído da alegría reportada polo Señor»[1]. Ao que arrisca, o Señor non o defrauda, e cando alguén dá un pequeno paso cara Xesús, descobre que El xa esperaba a súa chegada cos brazos abertos. Este é o momento para dicirlle a Xesucristo: «Señor, deixeime enganar, de mil maneiras escapei do teu amor, pero aquí estou outra vez para renovar a miña alianza contigo. Necesítoche. Rescátame de novo, Señor, acéptame unha vez máis entre os teus brazos redentores». Fainos tanto ben volver a El cando nos perdemos! Insisto unha vez máis: Deus non se cansa nunca de perdoar, somos nós os que nos cansamos de acudir á súa misericordia.
30

Bautismos 2021

37

Primera Comunión 2021

0

Confirmados 2021

5

Matrimonios 2020

AQUÍ PODES VER O VÍDEO DA SEMANA E PARTICIPAR NAS CELEBRACIÓNS POR STREAMING