A parroquia de Santa Uxía de Ribeira apoia e mobilízase a favor do sector pesqueiro

Manifesto da parroquia de Santa Uxía de Riveira

“Desde a parroquia de Santa Uxía de Ribeira vivimos con preocupación a decisión que
tomou a Comisión Europea e que afecta a zonas de pesca de alta productividade. Vaia por
diante que avogamos por un mar e unha pesca sostible, que cremos que o mar é un don
que temos que coidar e que o sector pesqueiro ha ser o primeiro en facelo. Sen este
coidado non hai futuro nin para as especies nin para a pesca. E con todo, cremos que
todas as decisións han ser equilibradas e han ter en conta ao mar e, cando menos no
mesmo grao, ao sector da pesca e a todos os demáis sectores vinculados. E cremos tamén
que no caso de ter razóns corroboradas ou con base científica, a decisión ha ser proposta
de forma progresiva para que o sector teña a posibilidade de adaptarse no tempo.

Para o Concello de Ribeira e outros concellos costeiros a pesca é o medio de vida. Se
só no concello de Ribeira contamos con 19 barcos de arrastre (entre 7 e 9 mariñeiros), 13
palangreiros (con máis de 15 mariñeiros) e 6 de pesca artesanal, estamos a falar de que
esta decisión afecta directamente a máis de 300 familias. E con todo, a pesca no concello
de Ribeira afecta tamén a todas as empresas que suministran material e aos servizos
precisos para esta actividade (efectos naváis,..), á propia Lonxa, aos frigoríficos, ás
empresas de transportes e un longo etc, que verían mermada a súa actividade nunha
porcentaxe moi relevante. En definitiva, esta decisión é demasiado agresiva e non ten en
conta a sociedade. Ademais, sumámoslle a todo isto que non hai ningún documento con
base científica que teña o suficiente rigor para tomar unha decisión de tan forte
repercusión e que afecte tan negativamente á vida dun pobo no noso caso, ou de toda a
zona costeira que vai desde o cantábrico ata a costa gaditana.
Por este motivo, secundamos e participamos activamente na manifestación do
sábado 8 de outubro, e aportamos unha recollida de firmas para expresar a nosa máis
rotunda disconformidade. De igual maneira, instamos a todos os sectores e a todas as
persoas do Concello de Ribeira a que saian a manifestarse para reclamar o que
consideramos é un dereito, e para manifestar tamén o noso rechazo a unha decisión que
nos deixa como pobo á deriva.
Sabemos que sen o coidado dos oceanos non hai futuro para as especies nin para a
pesca. Aínda así, desde Bruselas tomouse unha decisión na que nós non contamos.”

Que son 1444 firmas? Incluso, nunha parroquia como Riveira, con máis de 15.000 habitantes, é representativa a xente que hai na praza do Concello o 8 de outubro, onde moitos dos manifestantes son de outras parroquias e concellos? A quen máis lle afecta que a nós?

Barca parada non gana soldada

Desde a parroquia de Santa Uxía de Ribeira vivimos con preocupación a decisión que tomou a Comisión Europea e que afecta a zonas de pesca de alta productividade. Vaia por diante que avogamos por un mar e unha pesca sostible, que cremos que o mar é un don que temos que coidar e que o sector pesqueiro ha ser o primeiro en facelo. Sen este coidado non hai futuro nin para as especies nin para a pesca. E con todo, cremos que todas as decisións han ser equilibradas e han ter en conta ao mar e, cando menos no mesmo grao, ao sector da pesca e a todos os demáis sectores vinculados. E cremos tamén que no caso de ter razóns corroboradas ou con base científica, a decisión ha ser proposta de forma progresiva para que o sector teña a posibilidade de adaptarse no tempo.
Para o Concello de Ribeira e outros concellos costeiros a pesca é o medio de vida. Se só no concello de Ribeira contamos con 19 barcos de arrastre (entre 7 e 9 mariñeiros), 13 palangreiros (con máis de 15 mariñeiros) e 6 de pesca artesanal, estamos a falar de que esta decisión afecta directamente a máis de 300 familias. E con todo, a pesca no concello de Ribeira afecta tamén a todas as empresas que suministran material e aos servizos precisos para esta actividade (efectos naváis,..), á propia Lonxa, aos frigoríficos, ás empresas de transportes e un longo etc, que verían mermada a súa actividade nunha porcentaxe moi relevante. En definitiva, esta decisión é demasiado agresiva e non ten en conta a sociedade. Ademais, sumámoslle a todo isto que non hai ningún documento con base científica que teña o suficiente rigor para tomar unha decisión de tan forte repercusión e que afecte tan negativamente á vida dun pobo no noso caso, ou de toda a zona costeira que vai desde o cantábrico ata a costa gaditana.
Por este motivo, secundamos e participamos activamente na manifestación do sábado 8 de outubro, e aportamos unha recollida de firmas para expresar a nosa máis rotunda disconformidade. De igual maneira, instamos a todos os sectores e a todas as persoas do Concello de Ribeira a que saian a manifestarse para reclamar o que consideramos é un dereito, e para manifestar tamén o noso rechazo a unha decisión que nos deixa como pobo á deriva.
Sabemos que sen o coidado dos oceanos non hai futuro para as especies nin para a pesca. Aínda así, desde Bruselas tomouse unha decisión na que nós non contamos.

MANIFESTO PARROQUIA DE SANTA UXÍA DE RIBEIRA

O vindeiro domingo, 9 de outubro, comeza o curso de catequese. Celebramos a inauguración do curso coa celebración da Eucaristía do Domingo XXVIII do Tempo Ordinario.

Vimos de tempos de pandemia e precisamos de actualizar o archivo dos nenos e nenas, mozos e mozas que participarán neste curso. Deixamos un enlace para que quen o desexe poida descargar a ficha de inscripción. É preciso cubrila e entregala no despacho parroquial.

Ficha parroquial

CARTEL E LEMA CURSO 2022/2023