Atención de forma presencial e totalmente gratuita a persoas que viven algunha situación de crise vital.

Estará no Adro da Igrexa de Ribeira todo o día de hoxe, en horario de mañán e tarde. Se eres dos que o está pasando mal, se te sentes en crise e todo o ves escuro, non o dubides, é unha magnífica oportunidade de plantarlle cara a calquera que sexa a situación que non che permita vivir en paz e con ilusión.

Podes escribir ao WhatsApp 981871188

ou chamar ao teléfono 669422185

Comeza o curso pastoral e de catequese. O vindeiro día 13 de Outubro o Arcebispo celebra a Eucaristía de inicio des curso 2024-2025, que podemos seguir desde a TVG ás 10.00h. En comunión coa Diocese comezamos nós tamén a catequese e facémolo dunha maneira especial, tendo como lugar de encontro e centro deste comezo a igrexa da Nosa Señora do Carme de Aguiño.

As saídas son ás 11.15h:

  • Corrubedo e Artes sae de Ceip Heroínas de Sálvora.
    • Olveira e Oleiros sae de Horta de Ferrer

    • Ribeira sae de Praia de Catia (antigo chiringuito)
    • Aguiño sae do Porto.

      O programa da mañán será:

      11.15 Saída desde o lugar sinalado.

      11.45h Entrada no templo parroquial de Aguiño

      12.00h Eucaristía Inicio de Curso

      12.45h Encontro cos pais/nais

      12.45h Os nenos e nenas mentras participan dunha mesa dulce.

      Se aínda non fixeches a inscrición aquí queda o enlace.