É a semana grande do cristiáns, na que celebramos o acontecemento fundante da nosa fe. Unha semana intensa na que temos que buscar esos espacios e tempos para achegarnos a vida de Xesús e coñecer a súa vida e entrega pola nosa salvación. A celebración do Tríduo Pascual, xunto cos sermóns, procesións, oracións, … Descarga o programa e participa coa túa comunidade cristián. Feliz Pascua!

Descarga o programa

Descarga o cartel

A Hora Santa é un momento moi singular na celebración da Semana Santa. Cando a vida se complica todos desaparecen, incluso os máis amigos. Xesús ten sobrada experiencia. Temos necesidade de saír do montón, de todos os que fuxen e se arredan cando máis fan falta.

Participa no Vía Crucis que terá lugar na mañá do Venres Santo. Só tés que estar no Faro de Corrubedo ás 10.00h da mañá.

Resoa con forza aquel “alégrate” do anxo a María. Xesús é o motivo daquela gran noticia que hoxe se fai realidade. Ao sentarnos xuntos a compartir a cea de nadal, damos gracias a Deus pola súa presencia e porque é a esperanza de pobres e humildes. Damos gracias por esta cea de Nadal, por poder estar xuntos, por cada un dos que a formamos e por todos os que non están.
Sentados á mesa recordamos tamén aos que non teñen unha familia con quen compartir este día, a todos os que non teñen unha cea de Nadal.

Que o Nadal nos toque o corazón e sexamos acolledores e atentos coma os pastores, alegres coma os anxos e Xesús nos atope sempre coa disponibilidade e o amor de María e de Xosé.
Bendí Xesús esta cea e esta familia. Da pan a todos os que teñen fame e fame de Ti a todos os que temos pan.

A parroquia de Santa Uxía de Ribeira apoia e mobilízase a favor do sector pesqueiro

Manifesto da parroquia de Santa Uxía de Riveira

«Desde a parroquia de Santa Uxía de Ribeira vivimos con preocupación a decisión que
tomou a Comisión Europea e que afecta a zonas de pesca de alta productividade. Vaia por
diante que avogamos por un mar e unha pesca sostible, que cremos que o mar é un don
que temos que coidar e que o sector pesqueiro ha ser o primeiro en facelo. Sen este
coidado non hai futuro nin para as especies nin para a pesca. E con todo, cremos que
todas as decisións han ser equilibradas e han ter en conta ao mar e, cando menos no
mesmo grao, ao sector da pesca e a todos os demáis sectores vinculados. E cremos tamén
que no caso de ter razóns corroboradas ou con base científica, a decisión ha ser proposta
de forma progresiva para que o sector teña a posibilidade de adaptarse no tempo.

Para o Concello de Ribeira e outros concellos costeiros a pesca é o medio de vida. Se
só no concello de Ribeira contamos con 19 barcos de arrastre (entre 7 e 9 mariñeiros), 13
palangreiros (con máis de 15 mariñeiros) e 6 de pesca artesanal, estamos a falar de que
esta decisión afecta directamente a máis de 300 familias. E con todo, a pesca no concello
de Ribeira afecta tamén a todas as empresas que suministran material e aos servizos
precisos para esta actividade (efectos naváis,..), á propia Lonxa, aos frigoríficos, ás
empresas de transportes e un longo etc, que verían mermada a súa actividade nunha
porcentaxe moi relevante. En definitiva, esta decisión é demasiado agresiva e non ten en
conta a sociedade. Ademais, sumámoslle a todo isto que non hai ningún documento con
base científica que teña o suficiente rigor para tomar unha decisión de tan forte
repercusión e que afecte tan negativamente á vida dun pobo no noso caso, ou de toda a
zona costeira que vai desde o cantábrico ata a costa gaditana.
Por este motivo, secundamos e participamos activamente na manifestación do
sábado 8 de outubro, e aportamos unha recollida de firmas para expresar a nosa máis
rotunda disconformidade. De igual maneira, instamos a todos os sectores e a todas as
persoas do Concello de Ribeira a que saian a manifestarse para reclamar o que
consideramos é un dereito, e para manifestar tamén o noso rechazo a unha decisión que
nos deixa como pobo á deriva.
Sabemos que sen o coidado dos oceanos non hai futuro para as especies nin para a
pesca. Aínda así, desde Bruselas tomouse unha decisión na que nós non contamos.»

Que son 1444 firmas? Incluso, nunha parroquia como Riveira, con máis de 15.000 habitantes, é representativa a xente que hai na praza do Concello o 8 de outubro, onde moitos dos manifestantes son de outras parroquias e concellos? A quen máis lle afecta que a nós?

Barca parada non gana soldada

Desde a parroquia de Santa Uxía de Ribeira vivimos con preocupación a decisión que tomou a Comisión Europea e que afecta a zonas de pesca de alta productividade. Vaia por diante que avogamos por un mar e unha pesca sostible, que cremos que o mar é un don que temos que coidar e que o sector pesqueiro ha ser o primeiro en facelo. Sen este coidado non hai futuro nin para as especies nin para a pesca. E con todo, cremos que todas as decisións han ser equilibradas e han ter en conta ao mar e, cando menos no mesmo grao, ao sector da pesca e a todos os demáis sectores vinculados. E cremos tamén que no caso de ter razóns corroboradas ou con base científica, a decisión ha ser proposta de forma progresiva para que o sector teña a posibilidade de adaptarse no tempo.
Para o Concello de Ribeira e outros concellos costeiros a pesca é o medio de vida. Se só no concello de Ribeira contamos con 19 barcos de arrastre (entre 7 e 9 mariñeiros), 13 palangreiros (con máis de 15 mariñeiros) e 6 de pesca artesanal, estamos a falar de que esta decisión afecta directamente a máis de 300 familias. E con todo, a pesca no concello de Ribeira afecta tamén a todas as empresas que suministran material e aos servizos precisos para esta actividade (efectos naváis,..), á propia Lonxa, aos frigoríficos, ás empresas de transportes e un longo etc, que verían mermada a súa actividade nunha porcentaxe moi relevante. En definitiva, esta decisión é demasiado agresiva e non ten en conta a sociedade. Ademais, sumámoslle a todo isto que non hai ningún documento con base científica que teña o suficiente rigor para tomar unha decisión de tan forte repercusión e que afecte tan negativamente á vida dun pobo no noso caso, ou de toda a zona costeira que vai desde o cantábrico ata a costa gaditana.
Por este motivo, secundamos e participamos activamente na manifestación do sábado 8 de outubro, e aportamos unha recollida de firmas para expresar a nosa máis rotunda disconformidade. De igual maneira, instamos a todos os sectores e a todas as persoas do Concello de Ribeira a que saian a manifestarse para reclamar o que consideramos é un dereito, e para manifestar tamén o noso rechazo a unha decisión que nos deixa como pobo á deriva.
Sabemos que sen o coidado dos oceanos non hai futuro para as especies nin para a pesca. Aínda así, desde Bruselas tomouse unha decisión na que nós non contamos.

MANIFESTO PARROQUIA DE SANTA UXÍA DE RIBEIRA

O vindeiro domingo, 9 de outubro, comeza o curso de catequese. Celebramos a inauguración do curso coa celebración da Eucaristía do Domingo XXVIII do Tempo Ordinario.

Vimos de tempos de pandemia e precisamos de actualizar o archivo dos nenos e nenas, mozos e mozas que participarán neste curso. Deixamos un enlace para que quen o desexe poida descargar a ficha de inscripción. É preciso cubrila e entregala no despacho parroquial.

Ficha parroquial

CARTEL E LEMA CURSO 2022/2023

Todo preparado para a celebración de San Alberto.

PROGRAMA DE SEMANA SANTA 2022